Que é WikiBiblio?


Un espazo de participación das bibliotecas escolares.



Primeiros pasos: Que é un wiki?


O termo WikiWiki emprégase para identificar un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. wiki wiki significa "rápido" en hawaiano. Chamado wiki para acortar, o software colaborativo permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande WikiWiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.O obxectivo dun Wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".

O potencial do Wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web. (Na Galipedia)


Vídeo educativo sobre que é un wiki:






Para saber máis sobre os wikis, temos uns titoriais moi ben desenvolvidos.


Mira no panel lateral da esquerda todo o que temos para ofrecerche.