Respostas a dúbidas que se expuxeron no grupo de correo do Plambe. Xunto con achegas que se realizan no mesmo wiki.

+ Podes saber que libros non están devoltos e quen os ten.-

Indo a: consultas listaxes- listaxes e notificacións lectores (aí ábreseche unha pantalla na que che aparecen distintas opcións. En "formato", marcas listaxe e en "selección", buscas en filtrar datos a opción 2 que é libros por devolver fóra de prazo. A continuación daslle a imprimir e tes a visualización dos libros e os lectores que os teñen. Despois, ti decides se queres imprimilo ou non, pero aí tes todo.
Resposta de Dolores do CEIP Pepe de Xan Baña.

+ Queremos sacar con meiga unha listaxe de libros dunha CDU específica.-

Se en OPAC buscas por CDU e despois, picando en "tratamento", marcas a opción "listar", terás todos os libros que tedes catalogados nesa CDU.
Resposta de Dolores do CEIP Pepe de Xan Baña.

+ Para saber quen levou un libro.-

1.- Listaxes e notificacións a lectores
2.- Filtro datos por: 3: Movementos dos fondos bibliográficos.
3.- Dende lector 1 ata 999999
4.- Dende data: 01/09/2006 ata 19/06/2007
5.- Estado: calquera
6.- Dende rexistro: indicas o nº rexistro do libro ata o nº de rexistro do libro
7.- Imprimir: obtes o listado de todos os lectores que levaron o libro en empréstito (aparece na última columna).
Respota de Pili Nieto do CEIP Reibón.

+ Para saber o número de documentos dados de baixa nun período determinado.-

- Búqueda OPAC
- Tipo de busca: Texto libre
- Premer en: Só baixas
- Dende data .............. Ata data entrada...............
Pulsar buscar.
Na pantalla aparecen todos os libros dados de baixa no período sinadado. Se queres saber só o nº, no marco azul desta pantalla pódese ver:
Resultado consulta OPAC. Nº ocorrencias: ...
Resposta de Pili Nieto. CEIP Reibón.

+ Para catalogar os DVDs

Tes qe poñer en Doc> g: Gráfico proxectable.
Cando descargas dende a biblioteca nacional ou dende rebeca, xa se introduce directamente.
Para buscar:
Entras en Consulta OPAC
- Texto libre
- Clase doc: g: gráfico proxectable
- Buscar.
Resposta de Pili Nieto do CEIP Reibón.

+ Para obter o listado de alumnos máis lectores durante o curso, a través do Meiga.-

1.- Consultas/ listaxes.
2.- Estatísticas
Criterios xerais
Tipos de estatística > 10: Estatística de empréstitos personalizazda por parámetros
Dende data> 01/09/2006 Ata data> (a que vos interese) Nº liñas de resultados> (por defecto aparece 10, podedes cambialo)
Criterios de selección de rexistros do catálogo
(Cubride segundo os vosos intereses)
Criterios de selección de lectores
Tipo de lector> ex. 1º PRIMARIA (fixádevos en lectores como os tendes clasificados)
ACEPTAR
Resposta de Pili Nieto do CEIP Reibón

+ Introducir materias na catalogación dun libro.-

Xestión > Táboas principias > Materias
Escribide a nova materia
Premer AGREGAR
Pili Nieto. CEIP Reibón

+ Ampliar seccións.-

Arquivos > Táboas auxiliares > Seccions
Escribide o número de sección seguinte
Escribide a descrición
Premer AGREGAR
Pili Nieto. CEIP Reibón

+ Modificar os códigos de acceso ao programa.-

  • Arquivos > Administración usuarios > usuarios da aplicación
  • Premer en limpar:
Elexide:
Código de usuario
Datos usuario
Nome completo > XXX
Clave de acceso
Tipo > A: Administrador
P: Préstamos
R: Rexistro
C: Catalogación
X: Préstamo e rexistro
IMPORTANTE: Premer en agregar
Pili Nieto. CEIP Reibón