+ Como facer un Windows Movie Maker de fotos ou diapositivas:


As veces queremos facer pequenas montaxes de fotos ou debuxos con música de fondo, ou con voces.
Este é un programa moi sinxelo de usar, que vos vai gustar moito:
1-Abres o programa .A esquerda da pantalla onde pon "Capturar video", preme en "Importar imágenes" e abrirase unha ventana sobre as imáxenes do teu ordenador.Sube as que teñas previamente preparadas.(Si a montaxe tes pensado subila á web,non esquezas comprimilas antes, para que a montaxe non pese moito.En Microsoft Office Picture Manager, tes esa opción)
2-Cando teñas subidas todas as fotos ou diapositivas, co rato as arrastras para poñelas abaixo, nesa liña azul de película, onde dí "Video".
3-Unha vez colocadas, debes empezar a "Editar película".Pulsa en "Ver transiciones de vídeo" e arrastra co rato as que te gusten, para por entre cada diapositiva.Podes ir mirando na pantalla da dereita como van quedando pulsando "play". ¡que chulo! Pero non acabamos...falta un pouquiño.
4-Agora imos por voces, ou musica.En "Editar película",pulsa "Importar audio o música". Abriráse a ventana sobre o teu ordenador.Busca a música ou os arquivos de voz que tes preparados.
5-Arrastra os arquivos de voz ,ou a música co rato, e ponna na liña de abaixo, onde pon"Audio-música"
6-Imos poñer títulos e créditos.Seguimos en "Editar película".Preme en "Crear título o créditos". Vaiche dar varias opcións, titulo, créditos, título a cada diaposiva,..
7-E agora si, "Finalizar película", garda, e xa está!

Podes descargar WMM nesta ligazón:
http://www.mediafire.com/?pqwumxjfgnl

+ Como gravar voces, para utilizar en montaxes (manual para principiantes):


Moitas veces precisamos gravar a voz para facer montaxes.Microsoft ten unha ferramenta moi sinxela. que podemos utilizar:
1-No ordenador, en INICIO buscamos PROGRAMAS e arriba aparece ACCESORIOS.Ao premer aparece ENTRETENIMENTO.
2- Unha vez elexida esta opción, abrimos o programa "Grabadora de sonidos".Clicamos no botón vermello para facer a gravación.
3-Podemos facela utilizando un micro, que enchufaremos nas conexións rosa e verde do ordenador.Algúns ordenadores traen o micro incorporado.En calqueira caso, temos que facer algunha proba para ver que tal é a audición nun e noutro caso.
4-Cando rematemos de "falar" prémese o cadradiño negro que está á esquerda do vermello.
5-Prememos no triángulo de "play" para escoitar o gravado.
6-Si a gravación é satisfactoria, gardamola: "archivo", "guardar como"poñemos nome ao arquivo, e gardamos.
7-Para buscar a gravación: "Mis documentos", nome do arquivo, e "wav" (así é como se chaman os arquivos de voz)
8-Si non nos gusta como quedou, desbotámola premendo en "archivo nuevo".Aparecerá unha ventá dicindo que o arquivo ten cambiado, e preguntando si queremos cambialo.Eleximos "no" e facemos unha nova gravación.
Aos vosos alumnos e alumnas vailles gustar!!!

+ Como facer unha montaxe en RockYou:


RockYou é un sitio onde podemos realizar moitas cousas coas nosas fotos, unha aplicación moi interesante é a presentación de imaxes (slideshows). Unha vez configurada só teremos que copiar un código e pegalo no noso blogue.

1-Entramos en :
http://www.rockyou.com/index_es.php
2-Pulsamos en “entrar /registrate”
Cubres “crea una cuenta” cos datos da túa conta.
3-Pulsamos en “Crea”
4-Na seguinte pantalla pulsamos Slideshows.

5-Aparece unha pantalla con un show de mostra e unha entrada con pestañas á esquerda.
6-Pica en My Files
7-Aparece “Añadir fotos”.Premes en "Examinar" e colles as fotos do teu ordenador.A medida que suben vas a velas arriba sobrepoñendose,Non esquezas comprimilas antes con calqueira programa do ordenador, senón pesan moito e non dan subido.
8-En canto subas a primeira foto, xa cambia a pantalla e vanche aparecendo todas as posibilidades:Música, transicións,cambiar tamaño …Máis abaixo na páxina podes suprimir fotos, cambialas de orden, poñerlle subtítulos…Non admite o ñ
9-Cando remates pulsa en “Guardar” ,en calqueira dos tres que saen na páxina.
10-Aparece unha nova páxina coa montaxe, se non che gusta,daslle a editar e o arranxas,Si che gusta:
11-Preme na pestaña que dí blogger si o teu blogue e de blogger,senon usa as outras opcións,e saéche unha ventana amarela cun código.Cópialo co botón dereito do rato (seleccionar todo, copiar)
10-Minimizas a páxina, e entras no blogue, editas a entradas, e pegas o Código (recorda que os códigos sempre se pegan na pestana Html)
¡Que bonito!
Alternativas a RockYou:

+ Acceder ao Grupo de correo do Plambe a través da Web:


Deberás utilizar a conta de correo coa que se che invitou a participar no grupo (pode ser o correo da Xunta).
O que tes que abrir é unha conta de Google (Google Accounts) non é unha conta de correo, é unha conta para acceder aos servizos de Google, como os Grupos de correo, Google reader, Google Calendar, etc. (mogollón de servizos).

Pero repito, a conta de correo da Xunta deberás utilizala como acceso a esa conta de Google. Pídecha ao abrir a conta (do contrario non poderás acceder ao grupo PLAMBE).

Cando recibiches a invitación para formar parte do grupo, había un parágrafo que dicía:
O acceso ao grupo a través da web require unha conta de Google.

  • Se xa tes conta de Google premes onde di:
Se xa dispón dunha conta de Google, __faga click aquí para acceder a ela__.
Introduces correo electrónico (usa o correo ao que te invitaron ao Plambe -Xunta-) e contrasinal.
prememos en Grupos e en Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, xa estás dentro ! (Gárdao en Favoritos !!).

  • Se aínda non tes ningunha configurada, deberás creala antes de acceder ao grupo. Podes crear unha conta en:

__http://www.google.com/accounts /NewAccount__

Pois nada, créala (insisto, poñendo o correo da Xunta) e abaixo de todo daslle a aceptar. XA ESTÁ.

Agora fíxate ben, podes acceder ao grupo PLAMBE nesta dirección que vén no encabezamento dos correos que recibimos (conveniente gardala en favoritos):

__http://groups.google.es/group /PLAMBE/topics?hl=pt-PT__

Pode que a primeira vez che diga que non tes acceso, non te preocupes, no ángulo superior esquerdo di :

Rexístrate

Falo (conta Google) e xa estás dentro.

Agora poderás ver todas as mensaxes de diferentes xeitos, mesmo podes realizar procuras dentro do grupo, proba con "cocido" (he,
he) sairanche uns cantos, pois busca tanto nos títulos como dentro das mensaxes.

Tamén podes facer algo moi interesante, busca este vínculo:

Eliminar subscriçao ou mudar o estado do membro

Sáeche isto:

Como pretende ler as mensagens deste grupo?

· Sem Email Eu irei ler este grupo na web
· Email resumido (Não mais de 1 email por dia) Receba um sumário
das novas actividades todos os dias
· Email em Resumo (Aproximadamente 1 e-mail por dia) Receba até
25 mensagens completas, juntas num único email
· Email (Aproximadamente 10 emails por dia) Envie-me cada
mensagem assim que chegue

Elixes a que máis che conveña e deste xeito configuras como queres acceder ao grupo. (baixo o meu punto de vista, o ideal é un resumo e visitar a web)

Paciencia e sorte !!!!